Javier Losada insiste na necesidade de extremar as cautelas na estrada nas últimas horas da operación especial de tráfico da fin da temporada estival

Javier Losada insiste na necesidade de extremar as cautelas na estrada nas últimas horas da operación especial de tráfico da fin da temporada estival

31/08/2020

Galicia non sumou ningunha vítima durante a fin de semana e acumula 37 persoas falecidas nas estradas, 26 menos que o ano pasado nesta data

O descenso dos niveis de tráfico está nun 13,2% respecto ao verán do ano pasado

A operación de tráfico Retorno do Verán 2020 comezou o venres e continúa ata as 23.59 horas de hoxe

As distraccións motivadas polo uso da tecnoloxía son un dos grandes inimigos actuais da circulación


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu hoxe na necesidade de extremar as cuatelas na estrada nas últimas hora da operación especial de tráfico da fin da temporada estival. Lembrou a importancia do “consumo cero” e o respecto aos límites de velocidade.

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) comezou ás 15 horas do pasado a operación de tráfico Retorno do Verán 2020. Este dispositivo continúa ata as 23.59 horas de hoxe. O Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste emprega 245 cámaras de televisión, 306 estacións de toma de datos, 84 sensores de variables atmosféricas na estrada, 413 paneis de mensaxe variable e 50 persoas. A estas únense o preto de mil axentes do Sector de Tráfico da Garda Civil.

A operación de tráfico desenvolvida ata agora mostrou unha tendencia tranquila, sen vítimas mortais nas estradas galegas. Porén, é necesario manter o mesmo nivel de alerta e vixilancia. O descenso no nivel de tráfico nas estradas da Comunidad mostran unha baixada dun 13,2% respecto ao verán do ano pasado.

O delegado do Goberno insistiu en que as precaucións debe comezar polos usuarios, co uso do cinturón de seguridade sempre e de todos os ocupantes dos vehículos. O mesmo sucede cos cascos para os usuarios de motocicletas. A partir de ahí, é fundamental respectar os límites de velocidade, que non son arbitrarios en ningún caso.

A atención á estrada é tamén moi importante. Precisamente as distraccións motivadas polo uso da tecnoloxía son un dos grandes inimigos actuais da circulación, como causa de numerosos accidentes fatais. A última mensaxe de Javier Losada está centrada no “consumo cero” de alcohol e drogas, en especial tras un ano no que 48.000 persoas foron condenadas en España por conducir baixo o efecto destas substancias.

Dende o venres non houbo ningunha vítima mortal nas estradas galegas. Galicia suma ata hoxe 37 vítimas mortais nas estradas, 26 menos que a estas alturas do ano pasado (62). Por provincias, son 13 na Coruña (-16), 6 en Lugo (-4), 5 en Ourense (-1) e 13 en Pontevedra (-5). Este notable descenso está motivado polo descenso da circulación durante o periodo de estado de alarma pola COVID-19.