A Delegación do Goberno destaca que dous proxectos de biotecnoloxía galegos recibirán cerca dun millón de euros da convocatoria extraordinaria de I+D da COVID-19

A Delegación do Goberno destaca que dous proxectos de biotecnoloxía galegos recibirán cerca dun millón de euros da convocatoria extraordinaria de I+D da COVID-19

22/06/2020

O Goberno achegará 986.227 euros ás investigacións das empresas CZ Veterinaria e Biofabri, do grupo Zendal, con sede no Porriño

Esta subvención alcanza o 80% do total do custe das investigacións

Estas axudas forman parte da convocatoria extraordinaria lanzada para apoiar proxectos destinados a incrementar a produción de material de emerxencia, mellorar o tratamento e diagnóstico da enfermidade e contribuír á implantación de medidas de saúde pública


A Delegación do Goberno informa que o fondo extraordinario COVID-19 financiará os proxectos de dúas empresas de biotecnoloxía de Galicia sobre unha vacina fronte ao coronavirus. En concreto, achegará 986.227 euros aos proxectos que están levando a cabo CZ Veterinaria, S.A. e Biofabri, S.L. que pertencen ao grupo Zendal, con sede na localidade pontevedresa de O Porriño.

 

Estas subvencións forman parte da primeira resolución do Ministerio de Ciencia e Innovación dentro da convocatoria extraordinaria  COVID-19 que, xestionada polo  Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial. Esta convocatoria conta con 12 millóns de euros en subvencións para iniciativas empresariais de I+D e investimento dedicadas ao incremento de produción de material de emerxencia, mellora do tratamento e diagnóstico da enfermidade e implantación de medidas de saúde pública.

CZ VETERINARIA, S.A: Desenvolvemento dunha vacina fronte ao coronavirus mediante a expresión da  proteina  S no virus vaccinia modificado de Ankara. Importe total do proxecto: 624.759 euros. Achea pública: 499.807 euros

BIOFABRI, S.L.: Desenvolvemento dunha vacina de ADN fronte ao Coronavirus SARS-COV-2. Importe total do proxecto:  608.026 euros. Achega pública:486.420 euros

Esta primeira resolución concedeu 2,9 millóns de euros a sete proxectos con sede en España. A subvención outorgada achégase ao 80% do total do orzamento asociado a estes proxectos. A nivel nacional, dos proxectos aprobados, tres realizarán investigacións e investimentos produtivas no ámbito das vacinas contra o  COVID-19, dous presentan desenvolvementos para sistemas de ventilación asistida (respiradores) e os dous últimos están relacionados coa fabricación de produtos sanitarios de protección (máscaras).

Sobre a convocatoria

Esta convocatoria extraordinaria púxose en marcha en virtude da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do  COVID-19, modificado mediante Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19.

O orzamento total da convocatoria é de 12 millóns de euros e poderá ser cofinanciada a través do Programa Operativo  Plurirregional de España 2014-2020 de FEDER. O  CDTI continuará avaliando e aprobando os proxectos presentados de forma periódica ata esgotar os fondos dispoñibles para a convocatoria, que se lanzou o pasado 11 de maio.