Discurso do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, no acto de conmemoración do XXXII Aniversario da Constitución Española

El delegado, dirigiéndose al numeroso público congregado en la Delegación del Gobierno

03/12/2010

Acto oficial celebrado esta tarde en la Delegación del Gobierno, en A Coruña


Compráceme compartir con todos vostedes este acto de conmemoración do 32 aniversario da nosa Constitución. 32 anos que supoñen o periodo máis longo de estabilidade e prosperidade da historia recente de España. 32 anos de democracia constitucional que nos dan motivo para facer un balance positivo da vixencia desta Carta Magna.

O éxito desta Constitución ten que ver con dous elementos que quixera comentar brevemente: o primeiro deles é a contundencia coa que a nosa Constitución propugna e defende os valores superiores de libertade, xustiza, igualdade, diversidade e pluralismo político, que son os eixes da estabilidade democrática de España. O segundo é a vontade do pobo español e dos responsables políticos de defender e por en práctica esos valores supremos: ante as adversidades dos cambios económicos, das inestabilidades sociais e das amenazas dos que, en certos momentos, non compartían esa visión democrática de España.

Hoxe, 32 anos despois daquela votación histórica, nun momento marcado por una fonda crise, cómpre reafirmarnos na defensa dos valores supremos, as libertades e obrigas individuais e colectivas recollidas na Carta Magna.

Así o practica o Goberno de España. E así o aplica nunha folla de ruta que ten un obxectivo claro: acadar un modelo económico máis sostible e solidario, más fortalecido e menos vulnerable ós vaivéns da economía internacional. Facémolo como o requiren os cidadáns e tamén a propia Constitución, con responsabilidade, garantindo os dereitos sociais e promovendo una sociedade igualitaria e cohesionada.

Nesta tarefa, o Goberno está a conxugar tres vectores fundamentais: o primeiro é a austeridade das contas públicas e a reducción do déficit. O segundo son as reformas lexislativas, que nacen coa aprobación da Estratexia de Economía Sostible, hai agora un ano e que afectan a sectores claves como o sistema financeiro, o mercado laboral, o sector servizos, a política industrial e a estratexia de innovación e de enerxía. Estes dous vectores compleméntanse cun terceiro, o da cohesión, entendida como cohesión social e tamén cohesión territorial.

As políticas sociais son un piar substancial para a convivencia democrática. Así o entende este Goberno e así o practica dende que iniciou a súa andadura no ano 2004.  Falamos de cohesión social, e a ela unimos necesariamente a cohesión territorial. Aquela que elimina os desequilibrios entre os distintos territorios dun País. Aquela política que rematará co histórico illamento de Galicia.

O proceso de cohesión territorial impulsado dende o ano 2004/2005, coa aprobación de PEIT, segue na actualidade con máis forza, se cabe. Destinando un volumen de recursos que permiten manter un ritmo inversor que garantiza o desenvolvemento dun proceso modernizador dos nosos equipamentos e infraestruturas do transporte que integran territorios e acercan personas no conxunto de España. Así, mesmamente en Galicia, o Goberno de España desde as súas competencias e responsabilidades, desde a radical lealtade entre gobernos e institucións está levando a cabo importantes actuacións que romperán de xeito definitivo coa condición periférica de Galicia.

A modernización dos sistemas portuario e aeroportuario, a rede viaria de autopistas e autovías e a conexión das cidades galegas coa rede ferroviaria española e europea de AVE, son a constatación dunha acción política de cohesión e integración de territorios e persoas que emana da Constitución.

A Constitución e o Corpo xurídico-político e institucional derivado da mesma requiren todo o noso respecto e lealtade. A nosa acción política estará sempre presidida polos principios e valores constitucionais, desde os cales superaremos todas as dificultades e adversidades.

A tarefa realizada en Galicia e en España nos últimos 32 anos, son bo exemplo do que somos capaces de facer, do que somos capaces de superar. As circunstancias actuáis requiren o mellor de nós, esixen a mellor política. O esforzo compartido, a colaboración institucional, a cooperación entre gobernos, a lealtade o o recoñecemento xeneroso son as poderosas palancas, necesarias no presente, para construir e asegurar o futuro de todos. Moitas grazas.