Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Julio > María Rivas agradece ás forzas de seguridade a boa coordinación para facer cumprir as medidas relacionadas coa COVID-19 na nova fase da desescalada en Galicia
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
María Rivas agradece ás forzas de seguridade a boa coordinación para facer cumprir as medidas relacionadas coa COVID-19 na nova fase da desescalada en Galicia
05/07/2021
As forzas e corpos de seguridade do Estado manteñen a vixilancia das restricións impostas pola Xunta
Eventos multitudinarios como o Pantín Classic rexistran un alto cumprimento por parte das persoas asistentes
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, agradeceu hoxe ás forzas e corpos de seguridade do Estado a boa coordinación para facer cumprir as medidas relacionadas coa COVID-19 na nova fase da desescalada en Galicia. Expresouse así durante unha xuntanza de traballo cos representantes da Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais.
Tras os últimos cambios normativos, as forzas e corpos de seguridade do Estado manteñen a vixilancia das restricións impostas pola Xunta como ata agora. A transferencia de información entre os diferentes corpos, segundo constatou hoxe María Rivas, continúa co bo funcionamento, o que permite garantir un amplo nivel de cumprimento.
As forzas de seguridade certificaron que eventos multitudinarios como o Pantín Classic rexistraron un alto cumprimento por parte das persoas asistentes en todo momento.
Xunta á subdelegada, estiveron na xuntanza o xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Policía Nacional, Miguel Ángel Ferrero; o teniente coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira; o xefe da Policía Local da Coruña, José Antonio Brandariz; o xefe da Policía Local de Santiago, José Ramón Silva; o xefe da Policía Local de Ferrol, Javier García; o Xefe de Subgrupo Operativo da Policía Autonómica na Coruña, Juan Antonio García; e a vicesecretaria de Delegación do Goberno, Eva Vázquez.