Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Lugon
- Gobernuaren Ordezkariordetza Ourensen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Pontevedran
- Gobernuaren Ordezkariordetza A Coruñan
Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno
![Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno](https://www.mptfp.gob.es/dmsweb/es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/actualidad/notas_de_prensa/notas/2021/01/2021_01_20_03/2021012.jpg.jpg)
20/01/2021
Maica Larriba recibiu ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, recibiu esta mañá ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra. Esta era a primeira visita institucional de Cortés á Subdelegación do Goberno.
Durante o seu encontro, Larriba, que xa estivera na súa toma de posesión celebrada o pasado 18 de decembro, quixo trasladar unha vez máis os seus parabéns ao coronel, así como ofrecer a súa total “disposición para colaborar en todos aqueles asuntos da provincia que atinxan as dúas Subdelegacións”.
Pola súa banda, o subdelegado de Defensa agradeceu o recibimento e quedou a disposición da Subdelegada. O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo é coñecedor da provincia de Pontevedra, xa que ata o pasado mes de decembro era o responsable da Base Xeneral Murillo, desde onde opera a BRILAT.