A subdelegada do Goberno dá a benvida ao novo capitán xefe da 1ª Compañía da Garda Civil de Lugo

Imagen subdelegada recibe capitán 1ª Compañía Guardia Civil

09/12/2020

 Isabel Rodríguez pediulle ao capitán Manuel Garrido o máximo compromiso na protección dos lucenses nun momento no que a Garda Civil traballa en asegurar o cumprimento da normativa sanitaria, ademais de velar pola seguridade cidadá


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu esta mañá ao novo capitán xefe da 1ª Compañía da Garda Civil de Lugo, Manuel Garrido Vázquez, que se incorporou hoxe ao seu novo destino.

 

Isabel Rodríguez deulle a benvida e pediulle o máximo compromiso na protección dos lucenses nun momento no que é aínda máis valioso o traballo da Garda Civil, que, ademais da seguridade cidadá, asume, xunto coa Policía Nacional e o retos de forzas de seguridade, a importante responsabilidade de asegurar o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias para frear a expansión do coronavirus.

 

O capitán Manuel Garrido, que é natural de Begonte, ponse a fronte da 1ª Compañía da Garda Civil procedente de Tenerife, alí estaba destinado no Servizo Marítimo. Chega a Lugo para sustituir ao capitán Amadeo Villarino, tralo seu pase a reserva.

 

Ademais do mando da primeira compañía, o capitán Garrido, que xa estivera destinado entre 2015 e 2018 na Comandancia de Lugo, asumirá a dirección e planificación das actividades da Garda Civil en dous plans operativos do Ministerio do Interior para a mellora da seguridade a través da prevención, coa formación da poboación moza e dos maiores. Trátase do Plan Maior e o Plan Director para a Convivencia e mellora da Seguridade nos centros educativos e os seus contornos.