A Delegación do Goberno anima aos concellos galegos a acollerse ás axudas por 226 millóns de euros fronte a catástrofes naturais

A Delegación do Goberno anima aos concellos galegos a acollerse ás axudas por 226 millóns de euros fronte a catástrofes naturais

26/08/2020

Os concellos das provincias da Coruña e Pontevedra poden solicitar achegas polos danos da borrasca Cecilia, o 22 e o 23 de novembro

O Goberno tamén recolle os sucesos das borrascas Daniel, Elsa e Fabien entre o 16 e o 22 de decembro nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra

Con anterioridade, o decreto xa incluía os danos na provincia de Ourense ocurridos en xullo do ano pasado e provocados por fortes chuvias e sarabia


A Delegación do Goberno anima aos concellos galegos a acollerse ás axudas por 226 millóns de euros fronte a catástrofes naturais aprobadas polo Executivo. O novo Real Decreto amplía as coberturas dun anterior, que xa incluía os danos na provincia de Ourense ocurridos en xullo do ano pasado e provocados por fortes chuvias e sarabia.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, resaltou que está previsto financiar obras de reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal, ademáis rede viaria das diputación provinciais. Estes proxectos poderán recibir unha subvención de ata o 50% do seu coste.

A ampliación do Real Decreto inclúe as provincias da Coruña e Pontevedra polos sucesos provocados pola borrasca Cecilia os días 22 e 23 de novembro de 2019. Tamén agrega as provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra polos sucesos causados polas borrascas Daniel, Elsa e Fabien entre os días 16 y 22 de decembro de 2019.

A Delegación do Goberno destaca o traballo da ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, por Galicia. Ademáis deste importante Real Decreto, a ministra xa tivo en conta os danos anteriores en Ourense e agora actualiza, por primeira vez en menos de seis meses, todas as axudas para reparar danos causados por catástrofes naturais.

Esta medida chega de forma paralela á aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crise con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir a falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.

As aportacións económicas directas do Goberno teñen un impacto en Galicia de ao redor de 400.000 persoas. Tamén hai partidas directas de inxección de liquidez pública, coma o reparto destes fondos de servizos sociais, os entregados de maneira directa a sanidade ou os dados á autonomía, pendentes de novos repartos das sucesivas partidas, para afrontar os gastos derivados da pandemia.