Maica Larriba subliña a máxima colaboración dos CFSE coa Xunta para facer cumprir as normas da Covid-19

Maica Larriba subliña a máxima colaboración dos CFSE coa Xunta para facer cumprir as normas da Covid-19

13/08/2020

A subdelegada do Goberno recalca o compromiso da Garda Civil da Policía Nacional e da propia Subdelegación con toda a normativa establecida pola Xunta.


A subdelegada de  Goberno,   Maica   Larriba, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia cos mandos da Garda Civil e da Policía Nacional na provincia para analizar a situación tras a nova normativa da Xunta de Galicia en materia de loita contra a Covid-19 publicadas no día de onte do Diario Oficial de Galicia.

Larriba subliñou que os corpos e forzas de seguridade do Estado veñen colaborando e facendo cumprir a normativa da comunidade autónoma dende o mesmo día de levantamento do Estado de Alarma “momento en que as competencias lexislativas correspóndelle as comunidades autónomas así como o seu proceso sancionador”.

Na xuntanza telemática participaron o coronel xefe da Garda Civil de Pontevedra, Simón Venzal; a comisaria xefe accidental do Corpo Nacional da Policía  da provincia, Monserrat Hernández; e o comisario xefe de Vigo, Carlos Valcarcel. A subdelegada agradeceulles aos mandos policiais o traballo que veñen desenvolvendo desde a declaración da pandemia, o propio Estado de Alarma e dende o momento que estableceuse a “Nova Normalidade”. “Foron meses moi complicados con unha situación nunca vista no noso pais e os corpos e forzas de seguridade do Estado souberon estar a altura cumprindo con todas as directrices dende o mando único. Pero tamén tendes mantido ese mesmo compromiso coa nova normalidade e facendo cumprir coas novas normas establecidas pola Xunta de Galicia dende o pasado 12 de xuño”, recordou Maica Larriba.

A subdelegada tamén salientou a coordinación que manteñen tanto a Policía Nacional como a Garda Civil coas policías locais dos concellos da provincia establecendo operativos conxuntos para facer cumprir as normas emanadas da autoridade sanitaria. “A colaboración coas policías locais ven sendo perfectas e os operativos conxuntos veñen dando resultados moi satisfactorios nas principais cidades da provincia, algo que temos que agradecer tamén aos alcaldes e alcaldesas que teñen comprendido a necesidade de axuntar criterios para cumprir as normas sanitarias”, recalcou a subdelegada.  

Larriba planificou os operativos que serán necesarios para aplicar a nova norma da Xunta sobre o consumo de tabaco nas rúas e nas terrazas dos establecementos de hostalería.

Por último, a subdelegada volveu a facer un chamamento a responsabilidade da cidadanía da provincia para respectar as normas e colaborar de xeito individual na loita contra a pandemia. “Sempre temos que estar a recordar que o virus aínda está entre nos e non podemos baixar a garda. Todas  e todos temos unha responsabilidade para evitar a propagación da Covid e debemos ser conscientes da necesidade de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias”, concluíu.