A Delegación do Goberno informa da concesión á Xunta de 7,9 millóns de euros para servizos sociais
13/08/2020
Parte dos fondos corresponden ao Programa de Protección á familia e atención á pobreza infantil
Existe unha partida específica para o programa para garantir o dereito básico de alimentación, ocio e cultura dos menores
As prestacións básicas de Servizos Sociais teñen como obxectivos a axuda a domicilio, o aloxamento alternativo e a inserción social
Os criterios de reparto foron acordados polo Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia
O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 xa destinou 18,9 millóns de euros á Xunta durante os primeiros meses da pandemia
A Delegación do Goberno informa da concesión á Xunta de 7,9 millóns de euros para servizos sociais. O reparto, realizado segundo criterios acordados polo Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, está publicado no BOE de hoxe.
A orde do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 inclúe 45 millóns de euros do Programa de Protección á familia e atención á pobreza infantil, no que a Xunta recibe 3,41 millóns de euros, un 7,58% por cento do total. Dentro desta liña hai un Programa específico para garantir o dereito básico de alimentación, ocio e cultura, dotado con 15 millóns dos que corresponden 1,14 millóns ao Goberno galego, tamén un 7,58%.
O reparto inclúe prestacións básicas de Servizos Sociais, por 40 millóns de euros para aspectos como información e orientación, axuda a domicilio e apoio á unidade de convivencia, aloxamento alternativo e prevención e inserción social. Neste caso, a Xunta recibe 3,31 millóns de euros, un 8,37% do total.
Os proxectos de intervención social integral para a atención, prevención da marxinación e inserción do Pobo xitano están dotados con 412.500 euros. A Xunta ten unha asignación de 28.411,72 euros, un 6,89%.
En total o Goberno concece 7,9 millóns de euros á Xunta. Así, o Executivo galego é o quinto que más fondos percibe do conxunto do Estado, segundo os criterios establecidos no Consello Territorial de Servizos Sociais.
A Delegación do Goberno destaca o traballo por Galicia do vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias, plasmada en medidas como esta ou outras realizadas durante os meses de máis impacto da pandemia. O seu departamento destinou entonces outros 18,9 millóns de euros a servizos sociais da Xunta de Galicia.
Esta medida chega de forma paralela á aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crisis con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir á falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.
As aportacións económicas directas do Goberno teñen un impacto en Galicia de en torno a 400.000 persoas. Tamén hai partidas directas de inxección de liquidez pública, coma o reparto destes fondos de servizos sociais, os entregados de maneira directa a sanidade ou os dados á autonomía, pendentes de novos repartos das sucesivas partidas, para afrontar os gastos derivados da pandemia.