Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Maica Larriba sinala que os ciberdelitos xa supoñen en Cangas unha de cada tres denuncias
22/08/2022
Na reunión tamén se promoveron e coordinaron as medidas dirixidas a garantir a seguridade na localidade durante as Festas do Cristo.
Pontevedra, 22 de agosto de 2022.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Concello de Cangas, xunto a alcaldesa, Victoria Portas. Tamén asistiu o tenente coronel da Garda Civil, Manuel Touceda, e outros responsables do corpo, así como a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, e membros da Policía Local e da seguridade municipal. No encontro analizáronse as cifras de delincuencia e infraccións penais rexistradas no municipio durante o que vai de ano. A subdelegada do Goberno sinalou que en Cangas -como sucede no resto da provincia- se detecta un incremento dos ciberdelitos, que supoñen xa unha de cada tres denuncias rexistradas na capital comarcal do Morrazo. Tal e como transmitiron os responsables policiais presentes na Xunta, estes delitos continúan a crecer mes a mes en toda a provincia e lastran as cifras xerais de infraccións penais do concello.
Polo seu lado, a alcaldesa recalcou que a percepción de seguridade en Cangas durante este verán está a ser grande, aínda que se detecta un lixeiro repunte das infraccións habituais como lesións e ameazas debidas a rifas, en moitas ocasións vinculadas ao ocio nocturno. Con todo, trátase dun incremento que entra dentro da normalidade tras a volta á actividade total da cidadanía tras a pandemia.
Na reunión tamén se promoveron e coordinaron as medidas dirixidas a garantir a seguridade na localidade durante as Festas do Cristo que se celebran do 27 de agosto ao 3 de setembro. Maica Larriba supervisou os operativos necesarios para o bo desenvolvemento destas xornadas de festa, que pasan por establecer unha ampla coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil para ofrecer as máximas garantías de seguridade. Tanto a subdelegada como a alcaldesa remarcaron a importancia da coordinación institucional pero apelaron “á responsabilidade individual para que todas e todos poidamos gozar duns festexos seguros”.
Garda Civil e Policía Local coordinaranse nos dispositivos de seguridade cidadá e de Tráfico, con controis de circulación móbiles e aleatroios nos principais accesos e saídas da localidade, dispoñendo de varias patrullas para a realización de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención pola posible falta de responsabilidade dalgúns condutores.
Doutra banda, a subdelegada do Goberno puxo en valor e agradeceu a iniciativa do Concello para dispoñer durante as Festas do Cristo dun punto violeta, “pois permite dar maior seguridade ás mulleres e sensibilizar ao público para previr e desfrutar das festas baixo o respecto ás mulleres”
Fondeo na ría de Aldán
A Xunta Local de Seguridade foi aproveitada polo Concello para solicitar a colaboración da Garda Civil na vixilancia do fondeo de embarcacións na ría de Aldán. Malia non estar permitido pola normativa, a ría convertiuse nos últimos veráns nun espazo habitual de fondeo para embarcacións de recreo. A Garda Civil comprometeuse a manter a vixilancia e a dar aviso ao servizo marítimo cando se detecten atraques irregulares.