Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Maica Larriba anuncia a apertura dun posto da Garda Civil en Vilanova de Arousa
14/05/2021
A subdelegada do Goberno reuniuse hoxe co alcalde da localidade, Gonzalo Durán, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, para ultimar os detalles da apertura dun punto de información á cidadanía no municipio.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, e os principais responsables do corpo na zona, para ultimar os detalles da instalación dun posto de atención á cidadanía da Garda Civil na localidade.
Larriba anunciou que a súa presenza hoxe na vila tiña como obxectivo outorgarlle “un carácter formal e definitivo a unha iniciativa na que xa levan un tempo traballando tanto o Concello como os responsables da Garda Civil e que fará posible que este corpo volva a ter presenza física en Vilanova de Arousa”.
O novo posto situarase nun local cedido polo Concello e próximo ao edificio consistorial. Durante a reunión, o Concello comprometeuse a adecuar as novas dependencias antes da temporada estival.
Tal e como explicou a subdelegada, “o desexo é que Vilanova de Arousa poida contar con este novo punto de atención á cidadanía no verán, xa que é un municipio turístico e durante estes meses rexistra unha importante actividade e afluencia”.
A subdelegada amosou a súa satisfacción por este acordo, xa que “permitirá achegar os servizos que presta a Garda Civil á todos os arousáns e arousás” e agradeceu a colaboración do Concello de Vilanova de Arousa “pola súa colaboración e dispoñibilidade ao proporcionar un espazo para poder facer realidade a presenza física da Garda Civil no municipio”.
Pola súa banda, o alcalde da localidade asegurou que “a volta das instalacións da Garda Civil a Vilanova de Arousa era unha reivindicación histórica e por iso este acordo énchenos de satisfacción a nós e aos nosos veciños e veciñas”. O rexedor destacou ademais que “este é un paso máis para recuperar a nosa identidade coma vila”.