Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Mayo > Larriba subliña que o novo límite de 30 km/h permitirá rebaixar a accidentalidade nas cidades e protexer aos usuarios máis vulnerables
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Larriba subliña que o novo límite de 30 km/h permitirá rebaixar a accidentalidade nas cidades e protexer aos usuarios máis vulnerables
12/05/2021
A subdelegada do Goberno presentou esta mañá a reforma legal que limita a velocidade nas rúas cun único carril por sentido. Ademais, informou do balance da
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou hoxe xunto a xefa provincial da Dirección Xeral de Tráfico en Pontevedra, Paula Yubero, a nova reforma legal introducida co Real Decreto 970/2020, do 10 de novembro, polo que se modifican o Regulamento Xeral de Circulación e o Regulamento Xeral de Vehículos e cuxo artigo 50, que rebaixa o límite de velocidade de circulación xenérico en vía urbana de 50 km/ h a 30 km/ h para aquelas rúas que contan cun só carril por sentido de circulación, entrou onte en vigor.
Unha medida, que máis aló de “crear rúas de vida e para a vida”, tal e como explicou a subdelegada, permite reducir a sinistralidade viaria, sobre todo no que afecta aos colectivos máis vulnerables, garantir a fluidez dos desprazamentos realizados nas grandes avenidas das cidades e e reducir o impacto negativo da circulación de vehículos na calidade do aire das cidades. Larriba destacou ademais que “está comprobado que a redución de 50 km/h a 30 km/h permite rebaixar a accidentalidade nas cidades ata un 40 por cento”.
Neste sentido, a subdelegada sinalou que “estatisticamente, o risco de falecer nun accidente a 50 km/h é do 90 por cento mentres que se reduce ao 10 por cento coa limitación a 30 km/h. Ademais, a distancia necesaria para deter un vehículo redúcese tamén a metade”.
Por outra banda, Larriba destacou que os sistemas de seguridade para peóns que incorporan algúns vehículos son moito máis efectivos a 30 km/h que a 50 km/h. A subdelegada do Goberno recordou que un dos obxectivos da norma é protexer aos usuarios das vías, sobre todo a aqueles máis vulnerables, que están máis expostos a un accidente en contornos urbanos que interurbanos.
“Unha medida, en definitiva, que permite crear cidades máis humanas e amables e que se apoia na Axenda 2030 e na recomendación da limitación da velocidade urbana a 30 km/h establecida pola Declaración de Estocolmo de Febreiro de 2020”, explicou a subdelegada.
Por último, Larriba recordou que “aínda que hai cidades que xa implantaron esta medida, os demais municipios teñen agora que adaptar a súa propia normativa, planificación e sinalización á nova regulación, podendo establecer límites inferiores naqueles casos específicos que así o consideren”.
Balance de tráfico positivo dos primeiros catro meses do ano
A subdelegada ofreceu tamén un pequeno balance da siniestrabilidade de tráfico na provincia de Pontevedra durante os catro primeiros meses do ano. Neste sentido, alertou de que os datos comparativos realizáronse este ano tomando como referencia o 2019, xa que a comparativo co ano 2020 ofrece grandes distorsións polo efectos que tiveron o confinamento e as reducións de mobilidade.
No que respecta ás vías interurbanas, Larriba destacou que os accidentes con vítimas reducíronse entre o un de xaneiro e o seis de maio nun 33 por cento e que os falecidos pasaron de 11 a 7, o que supón un descenso do 36 por cento. Os feridos graves tamén experimentaron unha baixada do 50 por cento con respecto ao mesmo período do ano 2019 e os feridos leves dun 40 por cento.
Nas vías urbanas, os datos provisionais revelan que o número de accidentes con vítimas mantense igual pero os falecementos caen de 3 a 2. Larriba subliñou que “durante este mesmo período de tempo, no 2020 e pesar das diferentes restricións, os falecidos en vías urbanas foron 5, polo que o dato actual é moi positivo”. Por último, tamén informou de que os feridos graves reducíronse nun 50 por cento con respecto a 2019.
“En resumo, podemos afirmar que os datos que manexamos ata este momento están a ser bos en canto á siniestrabilidade”, afirmou a subdelegada, aínda que alertou de que “é importante seguir sendo prudentes porque se aproximan datas nas cales a mobilidade vai ser maior e non podemos baixar a garda”.