Delegaciones del Gobierno
- Delegaciones del Gobierno
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
Maica Lariba destaca que as infraccións penais na provincia descenderon nos primeiros 5 meses do ano un 11%
16/06/2023
A subdelegada subliñou que as cifras de delitos tenden a situarse de novo cerca dos niveis rexistrados antes da pandemia
A ciberdelincuencia rexistra unha importante caída, pasando de representar unha de cada tres infraccións a situarse en apenas o 20% do total
Pontevedra, 16 de xuño de 2023.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, destacou hoxe as boas cifras da provincia en materia de seguridade tras estudar os datos de infraccións penais do período comprendido entre xaneiro e maio de 2023 na Xunta Provincial de Seguridade, que se celebrou esta mañá na Subdelegación do Goberno. A subdelegada do Goberno subliñou que “sen ser excesivamente optimistas nin triunfalistas, os datos evidencian que as infraccións penais na provincia descenderon durante os cinco primeiros meses do ano arredor do 11%, en comparación co mesmo período de 2022”. “Estamos ante unha caída importante, tanto en cidades como en municipios máis rurais, que pon de manifesto que a criminalidade está a situarse en niveis moi similares aos que se rexistraban antes da pandemia”, explicou. “Se no 2020 o confinamento fixo que as infraccións penais se reducisen drasticamente, para subir en 2021 e 2022 froito da recuperación da actividade social, este 2023 está demostrando que volvemos á normalidade con índices previos á pandemia e anos anteriores”, indicou Maica Larriba.
No encontro estiveron presentes os máximos responsables das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en Pontevedra, como son o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o xefe do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, Juan José Díaz, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez, e responsables do subsector de tráfico da Garda Civil en Pontevedra.
Tras analizar os datos achegados polos principais mandos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado da provincia, a subdelegada quixo destacar que se mantén a tendencia clara ao descenso dos ciberdelitos. “Este tipo de criminalidade chegou a representar ata un terzo de todas as denuncias presentadas en anos anteriores, pero nestes primeiros cinco meses do ano cae por enriba do 30% con respecto ao mesmo período de 2022 e representa apenas o 20% do total de infraccións penais rexistradas, tanto en cidades como en pequenas vilas e concellos rurais”, explicou.
Nesta liña, a subdelegada fixo fincapé en que as campañas de sensibilización e información da Garda Civil e da Policía Nacional “están sendo eficaces e a cidadanía está cada vez máis concienciada e toma maiores precaucións á hora de mercar ou realizar outras xestións por internet”.
Doutra banda, entre os delitos que xeran maior sensación de inseguridade entre a cidadanía, como son os roubos en vivendas, caen un 25% sobre o ano anterior. Si que se observa un repunte moi pequeno no roubo de vehículos que apenas supera o 1% e tamén un incremento moi lixeiro dos pequenos furtos ao descoido que, segundo os mandos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, están maioritariamente vinculados a persoas toxicómanas.
En canto ás infraccións máis ligadas ao ocio nocturno, baixan os delitos de lesións nun 30%, pero hai un aumento próximo ao 20% das agresións sexuais que se producen na meirande parte neste ambiente.
Por cidades
En relación ás cifras globais rexistradas nas catro principais cidades da provincia durante os meses de xaneiro a maio de 2023, a subdelegada explicou que estas seguen a tendencia provincial. Deste xeito, en Pontevedra o total de infraccións penais baixou un 7,23 %. Entre os delitos que rexistran unha maior baixada sitúanse os roubos con forza en vivendas e establecementos (-16%) e a ciberdelincuencia (-50%). Aumentan, iso si, de maneira moi lixeira, os furtos leves.
No caso de Vigo, as infraccións penais descenden nun 14,30% no seu conxunto, destacando as baixadas que se rexistran na ciberdelincuencia cun 50% menos, nos delitos por lesións, que se reducen nun 38% e nos roubos en vivendas, un 37% inferiores ao mesmo período de 2022. Tamén se reducen nesta cidade nun 5% os pequenos furtos.
A Comisaria de Marín rexistra tamén unhas cifras positivas, xa que as infraccións penais baixan un 28% nos cinco primeiros meses do ano. A estatística tamén é boa no relativo a roubos en vivendas, que se reducen nun 50%, a mesma cantidade que baixan os roubos de vehículos. Ademais, as denuncias por ciberdelitos son un 86% inferiores e os furtos leves sitúanse un 25% por debaixo das do ano 2022 por estas datas.
Vilagarcía de Arousa é a única cidade que racha coa tendencia positiva da provincia, ao rexistrar unha suba nas infraccións penais do 8%, a pesar de que os delitos cibernéticos reducíronse en máis dun 50% e os roubos en vivendas nun 46%. Os delitos que rexistraron maiores aumentos son aqueles relacionados cos pequenos furtos e danos. Con todo, a presión policial fixo que se aumentasen os detidos e postos a disposición xudicial nun 8% e que o esclarecemento de delitos subise un 18%.
Tráfico
Na Xunta Provincial de seguridade tamén se puxeron sobre a mesa os datos de tráfico, que nos deixan a estas alturas do ano 9 falecidos nas estradas pontevedresas e só 34 accidentes con feridos graves. De seguir así, como explicou Maica Larriba, a tendencia xeral é que continúe o descenso de vítimas que se vén rexistrando desde o 2019.