Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Octubre > Emilio González destaca o labor da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Ourense para mellorar a vida dos pacientes e das súas familias
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
Emilio González destaca o labor da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Ourense para mellorar a vida dos pacientes e das súas familias
26/10/2021
O subdelegado do Goberno mantivo un encontro coa nova xunta directiva provincial da AECC
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, destacou o labor e o traballo realizados pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na provincia de Ourense para mellorar a vida das persoas que padecen ou padeceron cancro e dos seus familiares. Así o expresou durante o encontro que mantivo na Subdelegación do Goberno coa nova xunta directiva provincial da AECC, na que estiveron presentes Germán Rodríguez-Sáa, Olga Mojón, María del Carmen Sampayo e Pilar López-Guerrero.
Neste sentido, Emilio González reiterou a colaboración da Subdelegación do Goberno naquelas accións que sexa necesario para impulsar o proxecto da nova directiva provincial “porque a loita contra o cancro é unha loita de todos. Só a unión das institucións públicas, das asociacións, do sector privado e da cidadanía levaranos a gañar a batalla contra esta enfermidade”.
Na xuntanza, o subdelegado do Goberno salientou que, a pesar da pandemia da Covid-19, a AECC en Ourense mantivo a súa actividade de forma telemática a través de videoconferencias e por vía telefónica. “Non podemos esquecer que, ademais da Covid-19, hai outras realidades como a do cancro que están moi presentes e estes pacientes e as súas familias seguen necesitando axuda. Neste sentido o labor da AECC é imprescindible”, sinalou Emilio González.
Por último, o subdelegado do Goberno agradeceu “o esforzo e dedicación dos traballadores e voluntarios da AECC nas tarefas de acompañamento e apoio, así como no labor de visibilización desta enfermidade”.