Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2020 > Agosto > A Delegación do Goberno informa de que 5 proxectos galegos optan a 1,8 millóns de euros por investir en produtos hixénico-sanitarios relacionados coa COVID-19
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
A Delegación do Goberno informa de que 5 proxectos galegos optan a 1,8 millóns de euros por investir en produtos hixénico-sanitarios relacionados coa COVID-19
14/08/2020
Os proxectos están vinculados coas novas instalacións de produción, a expansión de factorías ou a conversión de liñas produtivas
A medida está enmarcada na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19
É a primeira vez que se aborda unha crisis con inxección de fondos en lugar de recortes
A Delegación do Goberno informa de que 5 proxectos galegos optan a 1,8 millóns de euros por investir en produtos hixiénico-sanitarios relacioandos coa COVID-19. Trátase dunha liña de achegas para entidades que realicen inversións para a fabricación de produtos desta índole, equipos de protección persoal e dispositivos de emerxencia fronte á pandemia.
Os proxectos galegos solicitan, en concreto, 1.835.703 euros. Están entre os 375 do conxunto de Estado, que piden en total 101 millóns de euros para diferentes iniciativas.
A Delegación do Goberno destaca o traballo da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e do secretario xeral de Industria, Raül Blanco, por Galicia. Está presente non só nesta medida senón tamén noutras como a busca de investidores para a antiga planta de Alcoa na Coruña ou a actual en Cervo (Lugo).
A convocatoria do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo contempla achegas por un total de 11 millóns de euros, polo que será executada na súa totalidade. O obxectivo das achegas é premiar o tempo e esforzó en abastecer á cidadanía de elementos básicos como máscaras, luvas, respiradores, EPI ou hidroxeles.
Los proxectos presentados están divididos en tres áreas. A primeira é a de novas instalacións para a produción dos produtos considerados de emerxencia. A segunda está relacionada coa expansión ou aumento de produción de estruturas xa existentes. A terceira abrangue aos proxectos de conversión de liñas xa creadas.
Esta medida enmárcase na aposta do Goberno por establecer un escudo social fronte á COVID-19. É a primeira vez que se aborda unha crisis con inxección de fondos en lugar de recortes. Vén a complementar outras medidas previas para combatir á falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o Ingreso Mínimo Vital.
As aportacións económicas directas do Goberno teñen un impacto en Galicia de en torno a 400.000 persoas. Tamén hai partidas directas de inxección de liquidez pública, coma o reparto destes fondos de servizos sociais, os entregados de maneira directa a sanidade ou os dados á autonomía, pendentes de novos repartos das sucesivas partidas, para afrontar os gastos derivados da pandemia.