Inicio
>
Delegaciones
>
Delegaciones del Gobierno
>
Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia
>
Actualidad
>
Notas de Prensa
>
Notas
>
2020
>
Junio
>
A Subdelegación do Goberno na Coruña retoma a celebración presencial das xuntas locais de seguridade coa desenvolvida hoxe en Vimianzo
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
A Subdelegación do Goberno na Coruña retoma a celebración presencial das xuntas locais de seguridade coa desenvolvida hoxe en Vimianzo
11/06/2020
A Xunta Local de Seguridade, prevista para o pasado mes de maio, analizou os índices delituosos no concello, que se sitúan 11 puntos por debaixo da media provincial
Na reunión abordouse a situación da lota contra a violencia de xénero no municipio e a posta en marcha do convenio de colaboración nesta materia
A Subdelegación do Goberno da Coruña retomou hoxe a celebración das xuntas locais de seguridade presenciais coa desenvolta no concello de Vimianzo, no que supón un paso máis na normalización das políticas levadas a cabo polo Goberno. Esta sesión terá continuidade nos próximos días con novas xuntas de seguridade en diferentes concellos da provincia.
A reunión estivo presidida pola subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo; e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e contou coa presenza da representantes da Garda Civil, Policía Local, Policía Autonómica, además de diversos concelleiros de Vimianzo e persoal da Subdelegación do Goberno.
Os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística relativa á seguridade cidadá no municipio, na que se constatou que mantén un índice de criminalidade de 20,55 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, moi inferior ao provincial, cifrado en 31,5 delictos por cada 1.000 habitantes, e ao galego, que está situado en 28,9.
A subdelegada do Goberno trasladou aos representantes das forzas e corpos de seguridade presentes na reunión o seu agradecemento polo traballo e polo esforzo desenvolvido nestes meses, incidindo na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todas as forzas para así poder consolidar este aumento da seguridade.
Especialmente eficaz foi esta colaboración durante o período de confinamento social derivado da crise do COVID-19, de tal maneira que a alcaldesa mostrou un agradecemento moi especial hacia os efectivos da Garda Civil polo traballo desenvolto durante estos últimos meses, que considerou esencial para garantir a seguridade das persoas residentes no municipio. Como dato significativo, durante o estado de alarma o número de sucesos e incidentes delictivos baixou aproximadamente un 20% respecto a mesmo período do ano anterior.
Por outra banda, cabe recordar que na Xunta de Seguridade Local o Concello de Vimianzo e a Subdelegación do Goberno analizaron os dous casos de violencia de xénero producido durante o confinamento. Precisamente poucos días antes da declaración do estado de alarma a Subdelegación do Goberno e o Concello ratificaron a renovación da adhesión da Policía Local deste municipio ao sistema Viogen de loita contra a violencia de xénero. Este protocolo foi remitido ao Ministerio para a súa validación previa á sinatura e facer efectiva a participación de Vimianzo neste operativo.
O Concello de Vimianzo xa participa desde decembro de 2010 no sistema operativo Viogen, aínda que agora renovou a súa participación. Este sistema permite á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios policías locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco baixo, mentres que a Garda Civil encárgase do seguimento dos casos máis graves.
O número de casos activos asignados á Policía Local será como máximo do 20% do total existentes no Concello e sempre terán consideración de risco baixo ou non apreciado.
A renovación do acordo supón tamén a da Mesa Local de Coordinación Policial na que están Policía Local e Garda Civil, e que ten como finalidade principal aunar esforzos na loita contra a violencia machista. Pilar López-Rioboo trasladou á alcaldesa o agradecemento polo esforzo realizado no desenvolvemento das políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, tal como se evidencia nas medidas adoptadas.