Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
Maica Larriba mostra a súa satisfacción pola adhesión de Nigrán ao sistema VioGén
21/02/2020
A reunión serviu para adherirse oficialmente ao Sistema Integral VioGén, sendo o cuarto concello que se suma no último mes a esta importante ferramenta para erradicar a secuela da violencia de xénero
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba presidiu a Xunta Local de Seguridade de Nigrán xunto ao seu alcalde Juan González. Na reunión tamén estiveron presentes o Tenente Coronel, Manuel Touzeda e a concelleira de Servizos Sociais, Bibiana Peixoto. Esta xunta serviu para adherirse oficialmente ao protocolo do Sistema Integral VioGén dependente do Ministerio de Interior. Por iso, Maica Larriba mostrou a súa satisfacción polo traballo conxunto que se está levando a cabo coas administracións locais dentro deste “sistema integral contra a violencia de xénero, de forma, que mellore a coordinación de todas as medidas necesarias para as diferentes circunstancias sociais e de seguridade contra esta secuela que mata as mulleres polo feito de selo”. Para iso, o goberno de España puxo en funcionamento este sistema integral VioGén que aglutina ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero e integre toda a información de interese que se estime necesaria para mellorar as predicións de risco, tan fundamentais.
Coa integración de Nigrán, súmanse catro concellos máis aos once que xa están dentro do sistema na provincia de Pontevedra. Larriba destacou que grazas a estas accións “mellórase no labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do subsistema de notificacións automatizadas, cando se detecta algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima. É a mellor forma de conseguir unha protección rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas e dos seus fillos e fillas”.
Por outra banda, a Xunta Local de Seguridade tamén abordou os datos rexistrados en canto ás infraccións penais no municipio, arroxando unha media dun 27%, mantendo uns niveis por baixo dos provinciais en case catro puntos. Isto tradúcese nunhas 26 infraccións por cada 1000 habitantes.
Neste aspecto, Maica Larriba sinalou a importancia de seguir o camiño de colaboración entre os corpos e forzas de seguridade do Estado coas administracións municipais para detectar os riscos máis comúns que afectan as cifras de seguridade cidadá, e quixo facer fincapé nos ámbitos da actividade informática e os delitos sexuais contra a muller.