Isabel Rodríguez afirma que o Goberno aposta por Lugo co investimento de 196 millóns de euros para modernizar a liña Monforte-Lugo

Imagen subdelegada

30/12/2020

 A subdelegada do Goberno pon en valor os investimentos que realizará Adif para a electrificación, a mellora da sinalización e telecomunicacións, a renovación da vía e a construción do novo túnel de Oural

 Desde que empezou decembro, o Goberno autorizou a Adif a facer os investimentos necesarios para acometer os catro proxectos e xa sairon a licitación dúas das obras: a renovación da vía e a construción do túnel de Oural


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe que o Goberno aposta pola provincia de Lugo e cumpre o seu compromiso cos lucenses cos investimentos aprobados este mes para a modernización do ferrocarril..

 

“Penso que o ano non podía acabar con mellores noticias no que se refire ás infraestruturas ferroviarias, os lucenses temos motivos para felicitarnos polos avances dados polo Ministerio de Transportes neste mes, no que o Consello de Ministros aprobou investimentos por case 196 millóns de euros para a liña Monforte-Lugo”, manifestou a subdelegada.

 

Isabel Rodríguez asegurou que “os feitos demostran, unha vez máis, que este Goberno cumpre o que promete e traballa, paso a paso pero sen pausa, para que Lugo non perda o tren”.

 

A subdelegada indicou que son 195,9 millóns de euros cos que Adif acometerá catro actuacións que son decisivas:

 

-          a electrificación da liña do treito ferroviario entre Monforte de Lemos e Lugo, traballos autorizados onte polo Consello de Ministros con un valor estimado de 21.230.252 (IVE incluído) e un prazo de 18 meses. Este proxecto de electrificación da liña desde a saída da estación de Monforte ata a saída da estación de Lugo Mercancías inclúe tamén a electrificación das estacións de Rubían, Oural, Sarria, A Pobra de San Xiao, Laxosa, Lugo e Lugo Mercancías

 

-          a mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións, autorizada a semana pasada, con un valor estimado de 43.414.016 euros (IVE incluído). Estes traballos afectarán aos 71 km do treito Monforte-Lugo e permitirán incrementar a disponibilidade da liña e mellorar a súa fiabilidade

 

-          e os proxectos de renovación da vía no treito Monforte-Lugo e de construcción do novo túnel de Oural, autorizados no Consello de Ministros do 9 de decembro con un valor total estimado de 131.274.140 millóns de euros (IVE incluído)

 

Adif xa licitou nos últimos días a execución das dúas últimas actuacións. Onte mesmo publicouse no BOE o anuncio de licitación das obras para construir o túnel de Oural e a semana pasada saiu a licitación a renovación da vía.