O Centro de Coordinación Operativo da Coruña solicita á cidadanía un esforzo colectivo e individual para afrontar con responsabilidade as festas do Nadal

O Centro de Coordinación Operativo da Coruña solicita á cidadanía un esforzo colectivo e individual para afrontar con responsabilidade as festas do Nadal

17/12/2020

O órgano presidido pola subdelegada do Goberno analiza nunha reunión a evolución da situación e a entrada en vigor das novas medidas da Xunta


O Centro de Coordinaciòn Operativo da provincia da Coruña (CECOR) creado para o seguimento da loita contra a COVID-19 tivo esta mañá unha nova reunión para avaliar a actual situación e analizar o cumprimento das novas medidas aprobadas pola Xunta, especialmente ante as datas do Nadal.

Na reunión, presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, acordouse manter as accións de seguimento e control policial para reafirmar a loita contra a posible amplificación da pandemia, tendo en conta as características especiais dos próximos días, nos que tradicionalmente aumentan as concentracións da xente.

De maneira concreta, os integrantes do CECOR coincidiron na necesidade de reclamar á cidadanía un esforzo especial tendo en conta a inminencia do proceso de vacinación, que sen dúbida será un paso fundamental para acometer con novas expectativas a loita contra a COVID-19. Na reunión tamén se coincidiu en que existe un certo cansancio social na cidadanía pero que precisamente o feito de ver máis cerca que nunca medidas coma o vacinación nos obrigan a todos a reafirmarnos na necesidade de extremar e cumprir todas as directrices e recomendacións para evitar que se produzcan posibles incrementos no número de contaxios.        

No CECOR estiveron presentes os responsables provinciais da Garda Civil e Policía Nacional, incorporándose ademáis representantes da Policía Autonómica e das policías locais de A Coruña, Santiago e Ferrol. Tamén estivo presente a delegada territorial da Consellería de Presidencia.

O centro de coordinación analizou de forma especial as novas medidas aprobadas pola Xunta e que entrarán en vigor en breve, que teñen unha influencia directa sobre a mobilidade e a actividade social e grupal.

Estas circunstancias, xunto coa necesidade de trasladar á sociedade a obrigatoriedade de non relaxar os comportamentos, fixeron que a subdelegada do Goberno insistirá ás forzas e corpos de seguridade en manter a presenza e os operativos e dispositivos de control necesarios para intentar combatir a propagación da COVID-19 e non botar por terra o traballo e esforzo feito atá o de agora.

Por iso, unha vez máis reiterou a necesidade de reforzar e apelar á responsabilidade individual para non baixar a garda nesta loita contra a coronavirus, sen olvidar que son as forzas e corpos de seguridade as que teñen que garantir o cumprimento de tódalas medidas contidas na declaración do estado de alarma na Comunidade Autónoma e as conseguintes medidas adoptadas pola Xunta.

A subdelegada do Goberno destacou que o CECOR ten coma obxectivo promover a coordinación das distintas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na provincia da Coruña, a cogobernanza entre administracións e a unificación dos criterios de actuación respecto á aplicación das normas que se aproban durante a vixencia do actual estado de alarma.

Dentro deste contexto, na reunión avaliuose a necesidade de extremar todo o relacionado co cumprimento das distancias sociais e as recomendacións en materia de protección sanitaria, establecendose como prioritario apelar á cidadanía a manter a  imprescindible responsabilidade individual para desta maneira seguir avanzando na loita contra a COVID-19.

A subdelegada do Goberno recordou que a pesar do exemplar comportamento da inmensa maioría de persoas queda aínda moito por facer e a batalla contra a coronavirus non está nin moito menos gañada. Por iso insistiu na necesidade de cumprir a normativa estatal e autonómica e as directrices establecidas polos expertos sanitarios para non vernos obrigados a dar pasos atrás e non perder o terreo gañado.

É por iso que entende necesario combinar e complementar os intereses dos distintos sectores económicos co cumprimento da normativa, especialmente cando iso pasa pola responsabilidade individual. “É importante que sexamos capaces de cumprir o establecido para evitar dar pasos atrás polo feito de relaxarnos, querer avanzar demasiado rápido”, sinala para recordar que queda camiño por percorrer a pesar de que cada vez vemos todos máis preto o decisivo proceso de vacinación.

López-Rioboo reiterou o seu agradecemento tanto persoal como institucional a tódolos corpos e forzas de seguridade do Estado polo traballo feito nos momentos máis duros da pandemia e nestas últimas semanas xa que demostraron unha vez máis ser un pilar fundamental do noso Estado de Benestar, ademáis dos garantes da propia seguridade individual e colectiva.

“Dan un exemplo de profesionalidade e de rigor no traballo”, indicou, á vez que lles demandou que manteñan este nivel de responsabilidade e bo facer, que de novo volverá a poñerse en evidencia cos diferentes operativos que se establecerán en tódala provincia nos vindeiros días para garantir a seguridade dos coruñeses e coruñesas.