A Subdelegación do Goberno entrega 172.000 máscaras aos concellos da provincia da Coruña para atender ás persoas máis vulnerables
01/12/2020
A subdelegada do Goberno agradeceu o gran traballo desenvolto polos concellos e os colectivos sociais na protección dos máis desfavorecidos
Coas 246.000 máscaras que se entregan estos días a entidades sociais e concellos, son xa 1.273.000 as unidades distribuídas en total na provincia
A Subdelegación do Goberno da Coruña formalizou a entrega aos concellos da provincia dun total de 172.000 máscaras para a súa distribución a centros escolares e colectivos vulnerables, dentro do novo operativo de reparto de material acordado polo Goberno de España coa Federación Española de Municipios e Provincias.
Esta cantidade forma parte das 246.000 unidades que se distribúen estes días a concellos e entidades sociais, na que é a quinta entrega destas características. Das 246.000 unidades deste novo operativo, 172.000 destinanse aos concellos da provincia e 74.000 foron para entidades sociais, en concreto, Cruz Vermella, Cermi e Cáritas.
A subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, mantivo encontros con representantes municipais da Coruña, Santiago e Ferrol, para a entrega de 59.000 máscaras a estos municipios. No caso dos concellos de menos de 20.000 habitantes será a Deputación da Coruña a que se encargue do reparto do material.
López-Rioboo recordou que este é o quinto operativo posto en marcha polo Executivo para a distribución de máscaras entre a poboación. Na provincia da Coruña foron 250.000 as repartidas a mediados de abril entre usuarios de transporte, residencias de maiores, colectivos sociais e empresariais; mentres que en maio foron outras 344.000 as unidades tamén entregadas a usuarios de transporte, colectivos sociais e concellos. No terceiro operativo, desenvolto en xuño, foron 75.000 as máscaras entregadas, as que en setembro sumaronse outras 358.000, distribuídas entre entidades sociais e concellos, tal como acordou o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp). Agora, con estas 246.000, o número total de unidades distribuídas na provincia coruñesa por parte do Goberno é de 1.273.000.
A metade deste material foi entregado polo Goberno aos 93 concellos da provincia coruñesa, na cantidade de 650.000 unidades; mentres que o resto foi dedicado a entidades sociais, 250.000 máscaras; e para usuarios de transporte público, residencias de maiores, entidades empresariais e outros colectivos e grupos de risco, para os que foron 373.000 unidades.
As anteriores campañas desenvolveronse coincidindo coa obrigatoriedade do uso deste material no transporte público, coas primeiras medidas adoptadas de cara á nova normalidade coma a apertura de negocios e o incremento da mobilidade derivado desas novas circunstancias, e co inicio do curso escolar.
Nesta nova entrega o Goberno distribuirá 15 millóns de máscaras en toda España, das que a Galicia lle corresponden 590.000 unidades. Os concellos recibirán 7,2 millóns que, xunto ao reparto de maio e setembro ascenden a 38,5 millóns de unidades repartidas entre concellos, diputacións, cabildos e consells desde marzo. As ONG recibirán 7,8 millóns de máscaras nesta entrega que, xunto coas anteriores, suman 12,3 millóns de unidades enviadas polo Goberno ás diferentes ONG. Os ministerios de Política Territorial e Función Pública e de Sanidade distribúen as máscaras coa colaboración da FEMP e as organizacións Cáritas, Cruz Vermella e Cermi.
Estas tres entidades colaboran estreitamente co Goberno na loita contra a COVID-19 e xa en maio, xuño e setembro recibiron outras 60.000 máscaras cada unha para o reparto entre os seus entes asociados e colaboradores. O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) está integrado por dez entidades, entre as que figuran a Federación de Persoas Sordas, Aspace, Down Galicia, Cogami e Once, entre outras; mentres que Cruz Vermella e Cáritas colaboran con numerosas entidades e particulares.
Segundo resaltou Pilar López-Rioboo, todos estes dispositivos evidencian o compromiso e esforzo do Goberno por estar presente e colaborar con todala cidadanía durante a pandemia xenerada pola COVID-19, especialmente con aqueles colectivos máis desfavorecidos e que máis sofren as consecuencias da actual crise sanitaria