A Subdelegación de Goberno distribúe máis de 140.000 máscaras a entidades locais da provincia de Pontevedra

A Subdelegación de Goberno distribúe máis de 140.000 máscaras a entidades locais da provincia de  Pontevedra

06/05/2020


Este mediodía, Maica Larriba visitou xunto ao presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, as instalacións do centro de distribución do material sanitario entregado polo Ministerio de Transportes


Durante este mediodía, a subdelegada do Goberno,  Maica  Larriba, visitou as instalacións do Parque Móbil do Estado en Pontevedra, sendo acompañada polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela.  Desde alí estase levando a cabo  a distribución provincial do material sanitario que xa o pasado mes está a entregar o goberno de España a todas as provincias. Larriba informou ao alcalde de Vilagarcía os criterios de distribución que o Ministerio de Transporte adoptou para a entrega de estas máscaras así como as labores de entrega feitas desde a Subdelegación.

En concreto, en Pontevedra esta repartición está a coordinarse desde a propia Subdelegación coas entidades municipais e provinciais. Alberto Varela comentou as necesidades a nivel local dos municipios galegos e a importancia de distribuír este material tanto para os propios servizos municipais que están a desenvolver unha actividade imprescindible como para a poboación con menos recursos.

Para iso cóntase con máis de 140.000 unidades de máscaras que serán entregadas a todos os concellos pontevedreses. En concreto 83.000 unidades serán repartidas directamente pola Subdelegación de Goberno aos nove concellos con máis de 20.000 habitantes e outras 57.000 unidades ao resto dos 61 municipios que conforman a provincia.

Para estas entregas nos municipios de menos de 20.000 habitantes cóntase coa colaboración da  Deputación de Pontevedra. No día de onte,a súa presidenta provincial, Carmela Silva comunicou á propia subdelegada do Goberno a colaboración da institución provincial para realizar a repartición a través da súa infraestrutura, tan próxima aos municipios.  Maica  Larriba quixo “agradecer a inestimable colaboración da presidenta da Deputación para esta acción de repartición tan importante para os concellos”.

Con esta nova entrega, xa que na primeira fase de entrega de máscaras púxose a disposición dos concellos da provincia otras case 40.000 unidades de máscaras que foron entregadas de xeito directo aos concellos a través da propia entidade supramunicipal  galega.

Igualmente trasladou ao presidente da  FEGAMP, Alberto Varela a necesidade de seguir traballando conxuntamente neste novo tempo de  desescalada no  compromiso colectivo, tanto das institucións como de toda a  cidadanía para seguir transitando cara a unha nova normalidade”.

A terceira fase desta operación de máscaras é a entrega de 20.000 unidades a entidades sociais como a Cruz Vermella, Cáritas e as entidades integradas en  CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).

O Goberno de España  distribúe ao longo deste semana 14,5 millóns de máscaras na totalidade do país, sendo seis millóns entregadas aos usuarios de transporte colectivo, reparto feito entre o luns e o martes polas CFSE, e os sete millóns que se reparten nestes días entre os concellos.