Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Abril > José Miñones aposta pola capacidade do sector industrial de Galicia de modernizarse e dixitalizarse coa inxección dos Fondos Next Generation
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
José Miñones aposta pola capacidade do sector industrial de Galicia de modernizarse e dixitalizarse coa inxección dos Fondos Next Generation
24/04/2021
Lembra que unha das políticas panca do Plan de Recuperación, Modernización e Resiliencia do Goberno de España está centrada nesta tarefa prioritaria
“O plan que presentará España para a súa aprobación en Bruselas contempla 5.747 millóns de investimento para política industrial e pemes, unha oportunidade histórica”, afirma
O delegado do Goberno repasou con Raül Blanco a situación industrial galega e a colaboración coa Xunta, administración competente no desenvolvemento e ordenación da política industrial de Galicia
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou esta semana a oportunidade histórica que ten por diante o sector industrial de Galicia pola inxección dos fondos Next Generation procedentes da Unión Europea. José Miñones abordou este e outros asuntos de interese para o sector nunha reunión que mantivo co secretario xeral de Industria, Raül Blanco, na sede do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
José Miñones lembrou que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que vai presentar proximamente España para a súa aprobación en Bruselas, contempla un investimento histórico e confía en que as industrias galegas aproveiten para a súa modernización e dixitalización. “A proposta do Goberno inclúe 5.747 millóns de investimento só para política industrial e pemes, no marco da política panca adicada á modernización da industria, recuperación do turismo e impulso a unha España nación emprendedora”, engadiu. Ademais, lembrou que se trata de investimentos que comezarán a executarse este mesmo ano, polo que instou ás industrias a prepararse para non desbotar ningunha oportunidade destas achegas públicas.
Situación da industria galega
O delegado do Goberno e o secretario xeral de Industria aproveitaron este encontro para repasar o panorama do sector industrial galego, con especial atención ás grandes industrias electrointensivas e aos procesos actuais de venda que se sitúan neste sector.
Ambos coincidiron na relevancia de manter unha colaboración estreita coa Xunta de Galicia neste ámbito, dado que o desenvolvemento da política industrial da Comunidade Autónoma é competencia exclusiva do Goberno galego.