Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Abril > Vilagarcía de Arousa subscribe o protocolo de colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local para a protección de vítimas de violencia de xénero
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
Vilagarcía de Arousa subscribe o protocolo de colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local para a protección de vítimas de violencia de xénero
21/04/2021
A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade do Concello de Vilagarcía de Arousa na que se ratificou o novo protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local no marco do programa de seguimento integral das vítimas de violencia de xénero –Sistema Vioxén-, subscrito polo alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e a comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Concello de Vilagarcía de Arousa na que se subscribiu o novo protocolo de colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Xénero. O protocolo de colaboración foi asinado polo alcalde da localidade Arousa, Alberto Varela, e a comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma.
Vilagarcía é o séptimo concello da provincia que procede á renovación deste documento, o primeiro trámite e fundamental, que deben formalizar todos aqueles municipios que desexen permanecer dentro do Sistema Vioxén. O novo protocolo recolle o reparto de funcións e asignacións de vítimas entre as Forzas e Corpos de Seguridade e adecúase ás referencias normativas actuais.
Maica Larriba quixo agradecer “o compromiso do Concello de Vilagarcía e do seu equipo de goberno, que hoxe converteu a este municipio no séptimo da provincia en renovar o protocolo do Sistema VioXén”. Larriba quixo tamén destacar o labor fundamental que desenvolve a Policía Nacional na protección e asistencia a todas as mulleres vítimas de malos tratos neste concello e na provincia”. A subdelegada lembrou, así mesmo, a importancia de renovar estes acordos para que “as forzas e corpos de seguridade local e estatal poidan compartir información e recursos e establecer uns criterios básicos de colaboración e coordinación, de xeito que se garanta o cumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia de xénero”.
En particular, o novo protocolo delimita as funcións da Policía Local no ámbito da violencia de xénero e define o seguimento e reparto dos casos, o que “permite sumar máis efectivos e recursos á protección das vítimas", recalcou Larriba. Na actualidade, a Policía Nacional realiza o seguimento de 36 vítimas da localidade e a Policía Local, o de 10. Do mesmo xeito, Larriba lembrou “o firme compromiso do actual Goberno de España e desta Subdelegación coa erradicación de todas e cada unha das formas de violencia machista”.
Para completar a súa adhesión, o Concello deberá asinar agora o convenio co Ministerio do Interior para o acceso ao Sistema de Seguimento Integral en casos de violencia de xénero.
46 casos activos na localidade
Segundo os datos recollidos no Sistema VioXén, en Vilagarcía de Arousa contabilízanse a día de hoxe 46 casos activos de violencia de xénero. Esta cifra supón case o 4,02 % dos casos activos na provincia de Pontevedra e o 63,01 % dos casos activos en todo o partido xudicial.
Dende o inicio do ano 2021, déronse 12 casos de alta no sistema, dos cales 7 continúan activos. Ademais, 44 das 46 vítimas da localidade contan con algún tipo de orde de protección e o 43 % delas teñen entre 31 e 45 anos. O 47 % dos agresores sitúase tamén na mesma franxa de idade.
Atendendo ao seu nivel de risco, das 46 vítimas rexistradas no sistema, 2 están clasificadas como de risco alto, 10 como de risco medio, 21 baixo e 13 non apreciado. Tendo en conta a súa nacionalidade, 39 vítimas son españolas e 7 estranxeiras. No tocante aos agresores, 37 son españois e 9 estranxeiros.
O partido xudicial de Vilagarcía rexistra en total 73 casos de violencia de xénero: 46 en Vilagarcía, 10 en Catoira, 6 na Illa de Arousa e 11 en Vilanova.
O Sistema VioXén
O Sistema VioXén foi posto en funcionamento no ano 2007 pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior co obxectivo de establecer unha rede nacional que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres vítimas de malos tratos, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio español, así como de aglutinar ás institucións públicas competentes na materia de violencia de xénero e integrar a información dos diferentes casos.
O Sistema tamén realiza predicións do risco de calquera vítima e, en función dese nivel, efectúa un seguimento e protección adecuado da muller que se trate en todo o territorio nacional. Vioxén desenvolve ademais un labor preventivo con avisos, alertas e alarmas cando se detecta algunha incidencia ou acontecemento que pode poñer