Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Andalucía
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Sevilla
- Subdelegación del Gobierno en Almería
- Subdelegación del Gobierno en Cádiz
- Subdelegación del Gobierno en Córdoba
- Subdelegación del Gobierno en Huelva
- Subdelegación del Gobierno en Jaén
- Subdelegación del Gobierno en Málaga
- Subdelegación del Gobierno en Granada
O Concello de Ourol asinará un convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro
12/04/2021
Isabel Rodríguez felicita a Luis Pajón pola sinatura dun acordo que facilitará aos veciños de Ourol o acceso á información e tramitacións catastrais
Ourol súmase á relación de concellos da provincia que teñen convenios en materia de xestión catastral
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Ourol, Luis Pajón, na Casa do Concello co que, entre outros asuntos, tratou sobre a colaboración deste municipio coa Dirección Xeral do Castastro.
Isabel Rodríguez anunciou que neste mes de abril, o Concello de Ourol e a Dirección Xeral do Catastro formalizarán un convenio de colaboración, co que os veciños deste municipio da comarca da Mariña terán máis facilidades para o acceso a información e tramitacións relacionadas co Catastro.
A subdelegada felicitou ao alcalde de Ourol pola iniciativa que, sen dúbida, redundará en beneficio dos veciños pois o Concello daralles apoio á hora de realizar trámites en materia catastral.
Coa sinatura deste convenio, Ourol incorpórase á lista de municipios da provincia que manteñen acordos de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro. Os concellos que xa manteñen este tipo de convenios son Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Cervo, Chantada, A Fonsagrada, Foz, O Incio, Lourenzá, Monterroso, Palas de Rei, Ribadeo e Burela. En total estes trece concellos contan con un parque inmobiliario composto por 212.035 inmobles, que supoñen algo máis da metade do total da provincia.