Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Lugo
- Subdelegación del Gobierno en Ourense
- Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
- Subdelegación del Gobierno en A Coruña
José Miñones congratúlase pola liberación do patrón Pablo Costas
30/08/2021
O delegado do Goberno en Galicia espera o rápido traslado do patrón de Bueu a súa localidade
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, congratúlase pola liberación do patrón Pablo Costa da súa retención en Yemen. Ao mesmo tempo, felicitou ao Ministerio de Exteriores e o seu titular, José Manuel Albares, pola liberación do mariñeiro galego.
O delegado do Goberno mostrou a súa satisfacción polo traballo desenvolvido polo Ministerio para á liberación do patrón galego “un traballo silencioso, constante e sen publicidade que finalmente acada o éxito coa liberación do mariñeiro”.
Pablo Costa levaba once meses retido en Yemen, xunto a outros trinta mariñeiros de diversas nacionalidades a bordo dun pesqueiro, acusado de pesca ilegal no Indico por parte de Australia. O patrón de Bueu, grazas as xestións do Ministerio e das legacións diplomáticas próximas a ese país, xa que España non conta con embaixada en Yemen, recibiu axuda diplomática e incluso, nas últimas datas, víveres ante o abandono da empresa propietaria do buque.
Agora, unha vez en liberdade, Exteriores está a xestionar o seu traslado ate a capital para poder efectuar a súa repatriación vía aérea.
Miñones, por último, espera que o traslado sexa o máis rápido posible para a súa volta a casa.