Inicio > Delegaciones > Delegaciones del Gobierno > Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia > Actualidad > Notas de Prensa > Notas > 2021 > Enero > Isabel Rodríguez felicita aos traballadores de Alcoa porque a súa responsabilidade facilita que se retomen as negociacións para a venda da empresa
Delegaciones
- Delegaciones
- ¿Qué es la Administración General del Estado en el Territorio?
- Normativa
- Delegaciones del Gobierno
- Delegación del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia
- Delegado del Gobierno
- Actualidad
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación del Gobierno en Lugo
- Subdelegación del Gobierno en Ourense
- Subdelegación del Gobierno en Pontevedra
- Subdelegación del Gobierno en A Coruña
Isabel Rodríguez felicita aos traballadores de Alcoa porque a súa responsabilidade facilita que se retomen as negociacións para a venda da empresa
22/01/2021
A subdelegada lembra que os traballadores de Alcoa contan co respaldo do Goberno, que sempre estivo implicado na busca dunha solución para manter o emprego na Mariña
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, felicítase polo apoio dado polos traballadores de Alcoa ao preacordo que permitirá retomar as negociacións para a venda da fábrica.
“Co seu respaldo maioritario ao preacordo para levantar a folga e retomar as negociacións, os traballadores facilitan o comezo do diálogo para a venda da planta e fan unha demostración de responsabilidade na loita polo mantemento da empresa e os postos de traballo, tan importantes para a comarca da Mariña e”, destacou a subdelegada.
Isabel Rodríguez lembrou que os traballadores de Alcoa contan co respaldo do Goberno, que sempre estivo implicado na busca de solucións de futuro para a empresa e na defensa do emprego. Neste sentido, a subdelegada expresou o seu desexo de que a vontade de diálogo amosada polos traballadores permita abrir, por fin, unha vía de solución ao conflito.