Inici > Delegacions > Delegacions del Govern > Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia > Actualitat > Notes de premsa > Notas > 2021 > Noviembre > José Miñones informa da concesión á Xunta de Galicia de preto de 500.000 euros procedentes do narcotráfico para a prevención e atención a drogodependentes
Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
José Miñones informa da concesión á Xunta de Galicia de preto de 500.000 euros procedentes do narcotráfico para a prevención e atención a drogodependentes
13/11/2021
Destaca que este reparto devolve a sociedade galega parte do enorme dano que causa o narcotráfico
Financiarán diversos programas relacionados coa atención xurídico-social a drogodependentes, prevención do en situacións de emerxencia social, seguimento de dependentes excarcerados e prevención do suicidio, entre outros
As Forzas de Seguridade confiscaron 52 bens a narcotraficantes en Galicia durante o ano pasado entre os que había 5 vehículos
O delegado detalla que en 2020 se venderon 27 inmobles en Pontevedra que aportaron 2 millóns de euros á loita contra o narcotráfico
A Delegación do Goberno en Galicia informa da concesión á Xunta de Galicia de 498.500 euros dos fondos procedentes do comisos de narcotráfico para programas relacionados coa prevención do consumo de drogas e atención a drogodependentes. O reparto acordouse nun convenio asinado hai dúas semanas entre a Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas (Ministerio de Sanidade) e a Xunta de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo a este fondo.
José Miñones destacou a relevancia deste programa, que trata de devolver á sociedade parte dos enormes danos que causa o narcotráfico en Galicia. Informou que as Forzas de Seguridade confiscaron 52 bens a narcotraficantes en Galicia durante o ano pasado dos que 31 foron na provincia de Pontevedra. E detallou que a maioría consistiron en obxectos de diverso tipo (informático, ferramentas, etc...) e 5 vehículos.
O delegado tamén destacou que no ano 2020 o Goberno vendeu 27 propiedades inmobles, todas na provincia de Pontevedra, por un valor de 2 millóns de euros: “que se empregarán tamén para a loita contra a dustribución, venta e consumo de drogas e en atención a drogodependentes”.
Máis dun millón de euros en 2021
O Plan Nacional sobre Drogas é o organismo encargado de impulsar accións encamiñadas a abordar os problemas derivados do tráfico e consumo de drogas, así como doutras adiccións ao obxecto de reducir a incidencia dos mesmos na sociedade e en relación con outros trastornos adictivos.
A colaboración coas Comunidades Autónomas e co resto de Administracións é un dos piares da súa actividade. Un dos aspectos desta colaboración é a transferencia de fondos ás autonomías para o desenvolvemento de programas. No caso de Galicia, no conxunto deste ano o Goberno transferiu á Xunta de Galicia 1.075.947 euros para programas relacionados co consumo de drogas. Estas cantidades distribúense en dúas liñas:
- Con cargo aos orzamentos xerais. Neste concepto a Xunta recibiu este ano 577.447,78 euros.
- Coa distribución de créditos do Fondo de bens comisados por tráfico ilícito de drogao. É o convenio asinado hai dúas semanas. Este importe financiará diversos programas relacionados atención a drogodependentes en situación de emerxencia social; seguimento e atención de persoas en tratamento unha vez excarceradas (Programa ITINERE); programas de atención xurídica-social e prevención de suicidio en pacientes con adiccións, entre outros.
Bens comisados por delitos de narcotráfico
O Fondo de Bens Comisados, regulado pola Lei 17/2003, do 29 de maio, está integrado polos bens, efectos e instrumentos comisados por sentenza firme en procesos por narcotráfico e outros delitos relacionados.
O produto destes bens está destinado a intensificar as actuacións de prevención, investigación, persecución e represión estes delitos, prevención de toxicomanías, asistencia e inserción social e laboral de drogodependentes e cooperación internacional na materia. Son beneficiaron do mesmo o Goberno, autonomías, concellos e entidades sociais e asistenciais.