Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
A Delegación do Goberno amosa o seu compromiso coa loita contra a violencia sobre as mulleres nos actos programados polo 25N
17/11/2020
Os perfís da Delegación do Goberno en redes sociais (Twitter, Facebook e TikTok) amosan un vídeo elaborado para esta ocasión que busca rachar os silencios que agochan as situacións de maltrato baixo o título “A outra pandemia” accesible ao final desta páxina
As fachadas das catro subdelegacións provinciais lucen pancartas con alusións a loita contra á violencia de xénero e á defensa da igualdade
Os premios Meninas 2020 recoñecen, entre outros, aos avogados e avogadas do servizo da quenda de oficio en Galicia especializado en violencia de xénero
A Delegación do Goberno en Galicia amosa o seu compromiso público coa loita contra a violencia machista e a favor da igualdade cunha programación especial ao redor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora en todo o mundo o 25 de novembro.
Con este motivo, os perfís en redes sociais da Delegación do Goberno en Facebook, Twitter e TikTok amosan un vídeo elaborado para recoñecer e dar voz a organizacións que loitan con esta “outra pandemia” e amosar o compromiso público coas vítimas da mesma. O vídeo quere darlle forza as vítimas para denunciar a súa situación e ao resto da sociedade para que rachen co silencio cómplice tras o que se esconden os maltratadores. Podes descargalo aquí.
Ademas, as sedes das catro subdelegacións provinciais lucen pancartas nas súas fachadas que reiteran o compromiso contra a violencia machista e defenden as políticas pola igualdade.
Xunto a elas, están programadas outras iniciativas co obxectivo común de poñer no debate público a prioridade de loitar contra esta violencia en todas as súas manifestacións, protexer ás vítimas desta lacra, darlles voz e promover a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
A loita contra a violencia de xénero é unha das políticas prioritarias do Goberno de España e á que destinou en Galicia este ano 8,41 millóns de euros para o desenvolvemento de accións específicas de axuda, mellora de coordinación e tarefas preventivas. Xunto a elas, e no marco da pandemia da COVID-19, o Goberno aprobou un Plan de Continxencia específico contra a violencia machista e trátaa con accións de seguridade policial, para favorecer o traballo das asociacións e con medidas de carácter económico para as vítimas.
Programación
A Delegación do Goberno, en colaboración co Ministerio de Igualdade e o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, deseñou unha programación na que teñen cabida actividades formativas, concursos e actos de recoñecemento ás vítimas. Este programa culmina o propio día 25 cando, ante a sede da Delegación na Coruña, se garde un minuto de silencio en memoria das vítimas xunto coa lectura do manifesto do Goberno de España. Neste mesmo día, a Subdelegación de Ourense conmemorará o 25N cunha lectura poética en colaboración co Círculo Poético da cidade e, fronte á Subdelegación de Lugo, realizarase unha solta simbólica de globos representando as vítimas ocasionadas pola violencia machista.
Ademais, o día 25N a fachada da sede da Delegación na Coruña, e das subdelegacións de Lugo e Ourense ilumínanse coa cor violeta, símbolo desta reivindicación.
Estas accións de visibilización complétanse coa repartición de 5.000 carteis de sensibilización contra a violencia de xénero destinados a edificios públicos, sedes de asociacións profesionais e locais sociais de diversa entidade nas catro provincias.
Xornadas formativas
O programa de actos inclúe dúas xornadas de formación que se celebran baixo a modalidade online e que están dirixidas a profesionais que traballan na prevención da violencia de xénero desde diversos ámbitos (servizos sociais, asociacións de atención a vítimas de violencia de xénero e equipos especializados de Policía Nacional e de Garda Civil).
A primeira delas terá lugar o 23 de novembro organizada pola Subdelegación do Goberno en Lugo. Desenvolverase baixo o título “Stop violencia contra as mulleres” e contará coa participación de Laura Redondo, psicóloga xurídica e forense.
Ao día seguinte, a Subdelegación do Goberno na Coruña celebrará a xornada: “Un achegamento ao abuso sexual dende a intervención coas vítimas”, na que intervirá a directora técnica da Fundación Meniños, Xema Cabana Ferro.
Ademais, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra organizou o IV concurso escolar contra a violencia de xénero na dobre categoría de fotografía e vídeo dirixido a alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional da provincia de Pontevedra. Os premios entregaranse nun acto que se celebrará o 24 de novembro.
Premios Meninas
A Delegación do Goberno concedeu novamente os Premios Meninas, en recoñecemento ao labor de persoas ou entidades que destaquen polo seu compromiso na erradicación da violencia de xénero. Nesta ocasión, o galardón autonómico foi outorgado aos avogados e avogadas do servizo da quenda de oficio en Galicia especializado en violencia de xénero. Xunto a eles, en cada provincia concedeuse unha Menina: á Casa de Acollida para Mulleres do Concello da Coruña, nesta provincia; á vítima e autora Inés Fernández, en Lugo; á Fundación Meniños, galardoada na provincia de Ourense, e á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, de Vigo, na provincia de Pontevedra.
A data e forma do acto de entrega dos galardóns estarán determinadas polas medidas de restricción sanitaria impostas polas autoridades.
PROGRAMACION
Delegación do Goberno |
Minuto de Silencio Iluminación fachada Entrega dos Premios Meninas 2020 |
25 de novembro
Pdt. |
Subdelegación do Goberno na Coruña |
Colocación de pancarta Xornada formativa: “Un achegamento ao abuso sexual dende a intervención coas vítimas”, |
17 novembro
24 novembro |
Subdelegación do Goberno en Lugo |
Colocación pancarta Xornada online “Stop violencia contra as mulleres” Lectura manifiesto e solta globos Iluminación de fachada |
16 novembro 23 novembro 25 novembro
|
Subdelegación do Goberno en Ourense |
Colocación pancarta Iluminación de fachada Lectura poética contra a violencia de xénero (colaboración Círculo Poético Ourensano) |
16 novembro 25 novembro
|
Subdelegación do Goberno en Pontevedra |
Colocación pancarta Concurso escolar, entrega premios |
16 novembro 24 novembro |