Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Octubre > José Miñones subliña o compromiso do Goberno co deporte con 8 millóns de euros en achegas para os clubes da liga ACB tras a pandemia da COVID-19
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
José Miñones subliña o compromiso do Goberno co deporte con 8 millóns de euros en achegas para os clubes da liga ACB tras a pandemia da COVID-19
29/10/2021
O Executivo busca compensar a baixada de ingresos por entradas e os gastos sanitarios
O obxectivo é impulsar a recuperación das entidades deportivas que sufriron as consecuencias da pandemia
“Apostamos por unha recuperación xusta do deporte”, explica José Miñones
O delegado tivo a oportunidade de saudar os xogadores e corpo técnico do Obradoiro
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, subliñou hoxe o compromiso do Executivo co baloncesto con 8 millóns de euros en achegas para os clubes da liga ACB tras a pandemia da COVID-19. Explicouno tras saudar os xogadores e corpo técnico do Obradoiro, que pode ser beneficiario desta iniciativa.
José Miñones detallou que o Goberno quere paliar os efectos da redución de ingresos orixinadas pola falta de público nos partidos e por tanto a diminución nos ingresos por venda de entradas e abonos na liga ACB. Tamén busca sufragar aqueles gastos xerados pola necesidade de aplicar probas de detección da COVID-19 con carácter excepcional derivadas da pandemia, na tempada 2020/2021.
O delegado salientou o compromiso do ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, e do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, con esta liña. Transmitiuno á directiva do Obradoiro, encabezada hoxe polo seu presidente, Raúl López.
Son achegas por 8 millóns de euros para os clubes da ACB, que proveñen do acordo para conceder o 1,5% dos ingresos pola venda de dereitos de retransmisión. 6 millóns de euros están vinculados á baixada de ingresos por venda de entradas, mentres que os outros 2 están relacionados cos gastos sanitarios.
"Queremos impulsar a recuperación das entidades deportivas que máis sufriron as consecuencias da pandemia da COVID-19. As achegas responden o compromiso do Goberno de non deixar atrás a ningún estamento do mundo do deporte no proceso de volta á normalidade", asegurou.
José Miñones enmarcou esta iniciativa do Goberno dentro da serie de medidas que buscan a mellor saída da crise sanitaria. O Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia é o mellor exemplo da vontade do Executivo para impulsar a volta á normalidade con maior impulso.
"A nosa responsabilidade é apostar por unha recuperación xusta de todo o deporte. Os clubs desempeñan un papel fundamental na estrutura deportiva do noso país e contarán co apoio das institucións para que sigan traballando polo desenvolvemento do noso deporte", engadiu.