Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Junio > José Miñones agradece o compromiso e o esforzo realizado polo persoal da Subdelegación do Goberno en Pontevedra durante o último ano
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
José Miñones agradece o compromiso e o esforzo realizado polo persoal da Subdelegación do Goberno en Pontevedra durante o último ano
03/06/2021
Acompañado pola subdelegada, Maica Larriba, o delegado mantivo un encontro de traballo cos responsables das diferentes áreas e dependencias.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou esta mañá as dependencias da Subdelegación do Goberno en Pontevedra acompañado pola súa titular, Maica Larria.
Durante a súa visita interesouse polos distintos servizos que se prestan no edificio de Praza de España, entre os que están o Rexistro, os servizos xurídicos, a área de Atención e Información á Cidadanía ou a Unidade contra a Violencia sobre a Muller. Así mesmo, o delegado visitou tamén as dependencias da rúa Michelena, onde se atopan, entre outros, as áreas de Estranxeiría e de Pesca e Agricultura.
Na actualidade traballan en ambas sedes un total de 96 empregados públicos, que “desenvolven un traballo directo e fundamental para a cidadanía, facilitando a súa relación coa Administración do Estado, xestionado permisos de traballo e residencia, supervisando a comunicación de mobilizacións e manifestacións e tramitando distintos procedementos sancionadores, entre outros moitos”, lembrou o delegado.
O delegado do Goberno mantivo tamén un encontro de traballo cos responsables das distintas áreas e constatou o especial esforzo realizado polo cadro de persoal, “que foi un sector esencial durante os momentos críticos da pandemia e continúa cunha dinámica similar na fase de recuperación”. Neste sentido, agradeceulles “a dedicación e vontade por seguir prestando a mesma atención á cidadanía nos meses máis duros da pandemia mediante o sistema de teletraballo e tras a progresiva reincorporación presencial”.