Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
Maica Larriba avanza o proxecto de trazado da N-120 ao seu paso por Ponteareas
16/10/2020
A subdelegada do Goberno reuniuse hoxe co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e veciños do concello para analizar o proxecto de mellora da seguridade viaria na N-120 proposto pola Demarcación de Carreteiras do Estado.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, reuniuse hoxe co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a concelleira de Vías, Obras e Alumeado deste Concello, Chus Garrote, e representantes de “Plataforma N-120” para avanzarlles a redacción do deseño de trazado de mellora da N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso. Na xuntanza tamén participaron o xefe da Unidade de Carreteiras do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez, e un representante da empresa redactora do proxecto de trazado.
Maica Larriba informou aos asistentes de que “se trata dun tramo de vía de 5 quilómetros, que vai contemplar a construción de seis rotondas que mellorarán a mobilidade na estrada e garantirán unha maior seguridade, evitando os xiros á esquerda”. Así mesmo, o deseño do novo trazado contempla unha senda peonil ao longo dos 5 quilómetros que se alternará entrambas marxes da estrada, alén dos conseguintes pases de peóns.
O encontro mantido entre os representantes e técnicos da Administración Xeral do Estado e do Concello, así como cos veciños das parroquias afectadas, buscaba “mellorar a coordinación entre as diferentes Administracións e a propia plataforma veciñal, amais de adiantarlles o traballo realizado ata agora pola Demarcación de Carreteiras do Estado”.
Maica Larriba quixo subliñar “o compromiso do Goberno e desta Subdelegación coa veciñanza de Ponteareas, que se concreta neste proxecto de trazado que da resposta a unha reclamación histórica da localidade”. A subdelegada agradeceu, así mesmo, “a boa recepción entre os veciños e o equipo de Goberno da proposta, que supón a materialización dun primeiro paso para atender a demanda dos habitantes destas parroquias”.
Unha vez rematado, o proxecto de deseño de trazado someterase a un período de información publica, durante o cal tanto o Concello como calquera veciño poderá presentar as alegacións que considere oportunas. Concluído dito período e unha vez resoltas todas as alegacións presentadas, procederase á licitación do proxecto construtivo definitivo e, posteriormente, á licitación e execución das obras.
Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas agradeceu á subdelegada “o seu compromiso coa vila e valorou a súa boa disposición, así como o feito de que a veciñanza puidera coñecer xa como será a reforma do vial”.