Larriba felicita aos xogadores do equipo xuvenil Cisne Colegio Los Sauces pola súa recente vitoria no Campionato de España

29/06/2021

A subdelegada do Goberno recibiu hoxe ao equipo na Subdelegación do Goberno

A subdelegada de  Goberno, Maica Larriba, recibiu hoxe aos xogadores do equipo xuvenil Cisne Colexio Los Sauces de Pontevedra, que veñen de proclamarse vencedores do Campionato de España de balonmán na súa categoría. Ademais dos deportistas, á cita acudiron tamén o presidente do Club, Santiago Picallo, o delegado do equipo, Juan Carlos Cuenca, o adestrador, Víctor Efrén Castro, e o segundo adestrador, Roberto López.

Larriba quixo felicitar a todos os membros do equipo pola súa vitoria, “un motivo de orgullo para todos e todas os pontevedreses. Este primeiro posto demostra que as ganas, a vontade de superación e o traballo equipo poden con todo”.

Así mesmo, a subdelegada subliñou “o potencial do balonmán na nosa provincia, a todos os niveis e en todas as categorías”. A este respecto, Larriba quixo felicitar tamén ao equipo xuvenil feminino do club de balonmán de Porriño que acadou o terceiro posto no campionato nacional.

“Este goberno, en concreto esta Subdelegación, apoian o deporte base e o deporte local, e estaremos sempre ao voso carón”, engadiu Larriba ao tempo que lles desexou “un camiño cheo de novas vitorias e éxitos”.