José Miñones alerta da contundencia da “tolerancia cero” coas persoas que poñen vidas en risco nas estradas galegas

16/06/2021

O delegado do Goberno cifra en 421 millóns de euros o compromiso do Executivo coa seguridade viaria galega no último exercicio

José Miñones chama á prudencia ante o desescalada, a chegada do bo tempo e o aumento do turismo

A velocidade excesiva, as vías convencionais, as distraccións por uso do móbil, os horarios nocturnos e os animais son os factores máis comúns nos accidentes nas estradas galegas

O delegado asegura que debe existir “conciencia social” coa seguridade viaria e afirma que o Goberno continuará o “traballo incansable” para evitar vítimas


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, alertou hoxe da contundencia da “tolerancia cero” coas persoas que poñen vidas en risco nas estradas galegas. Expresouse así despois de presidir a Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria, que abordou o repunte de sinistralidade a pesar do descenso da circulación na Comunidade.

“Estamos preocupados porque observamos un repunte da siniestralidade. A pesar da baixada do tráfico pola pandemia, os accidentes non diminúen na mesma proporción. A desescalada, a chegada do bo tempo e o aumento do turismo tamén polo Xacobeo nos levan a unha situación na que debemos insistir na importancia da prudencia”, explicou.

Os datos amosan 37 vítimas mortais nas estradas galegas este ano (16 na Coruña, 4 en Lugo, 4 en Ourense e 13 en Pontevedra), 7 menos que nesta data de 2019, pero todavía demasiadas dado que “o obxectivo son 0 vítimas”, abundou. “O noso traballo é incansable. En 2020, foi controlada a velocidade de 3.248.903 vehículos e o nivel de alcohol de 477.079 condutores e condutoras en Galicia”, relatou o delegado.

ACCIDENTES E FACTORES COMÚNS

José Miñones subliñou que os datos que máis preocupan son a velocidade excesiva, causa do 64% das denuncias do Sector de Tráfico da Garda Civil; as vías convencionais, que acumulan o 93% das vítimas mortais; as distraccións por uso do teléfono móbil; os horarios nocturnos, cun 56% de sinistros; e os animais, presentes nun 47% de accidentes.

O perfil da vítima mortal en Galicia é o seguinte: Home de entre 25 e 55 anos, condutor dun turismo con máis de 10 anos de antigüidade que protagoniza unha saída de vía convencional por velocidade excesiva. “Pero ninguén está libre, por iso debemos seguir a traballar”, asegurou o delegado.

O traballo do Goberno está centrado na prevención, con colectivos como os peóns, ciclistas e motoristas como unha das prioridades, e actúa a través da Dirección Xeral de Tráfico, do Sector da Garda Civil, das agrupacións de Protección Civil e o Ministerio de Transportes a través da Demarcación de Estradas. Todo coordinado co resto de administracións, tanto a Xunta como os concellos e deputacións.

MEDIDAS DO EXECUTIVO

José Miñones relatou que o Goberno reduciu o límite de velocidade en gran parte das vías convencionais a 90 quilómetros por hora, para adaptalo ao resto de Europa, e vén de implantar Cidade 30, para mellorar a situación nas áreas con máis poboación.

“Tamén apostamos pola reforma do permiso por puntos e facemos inversións. En Galicia foron no último exercicio 17 millóns de euros de proxectos aprobados, 31 de obras contratadas en estradas, 39 millóns de obras postas en servicio e 16 millóns de obras executadas, ademais dos 318 millóns de euros en execución. Son 421 millóns de euros en total no compromiso coa seguridade viaria galega”, resumiu.

Entre as iniciativas, destacan algunas como implantación de asistentes de condución nos tuneis do Cereixal (A-6 en Lugo) y Folgoso (A-52 en Pontevedra). Tamén continúa a implantación da protección antinéboa na A-8 (Alto do Fiouco) con 4 prototipos en fase de construción e experimentación, dos que esperamos ver resultados pronto.

O delegado explicou que o actual desvío automatizado permite 1.655 horas de aforro, uns 69 días de diferenza. Ademais, a partir de outubro o desvío automatizado terá un sistema de sanción de infractores, que ata agora foron 6.000 vehículos (0,8%). A inversión nas balizas que empezaron a instalarse en maio ascende a máis de 1,1 millóns de euros.

“Estamos implicados nos 18 tramos de concentración de accidentes na Comunidade (15 en Pontevedra e 3 na Coruña). A Demarcación de Estradas realizou estudos específicos en todos nos últimos 3 anos e aplicou medidas para eliminalos. Agora desenvolve outras actuacións de maior impacto, como vemos no cruce de Solymar en Perillo (Oleiros)”, abundou.

FUTURO DA SEGURIDADE VIARIA

O Executivo continuará coa sua dinámica actual no obxectivo das “cero vítimas”. “O Goberno non deixará de traballar, coordinado co resto de administracións, ata que non haxa vítimas. E quero lanzar unha mensaxe clara e contundente: tolerancia cero coas persoas que poñen vidas en risco”, dixo.

“Este verán non permitiremos que ninguén poña vidas en risco. Presentaremos o dispositivo nos próximos días, pero os cerca de mil axentes do Sector de Tráfico están concienciados na seguridade viaria. Debemos estar tamén concienciados como sociedade”, rematou.

COMISIÓN AUTONÓMICA DE TRÁFICO E SEGURIDADE VIARIA

Na comisión presidida polo delegado do Goberno participaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; a responsable da DGT, Victoria Gómez; o comandante do Sector de Tráfico de la Guardia Civil de Galicia, Leovigildo Villares; o director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez; o xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González; a responsable de Protección Civil en Galicia, Dolores Gómez; o alcalde de Sada, Benito Portela; a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez; o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; e a coordinadora da Asociación de Agrupaciones de Voluntarios Protección Civil, Oliva García; entre outras persoas.