Comisión Interministerial de Coordinación da Administración Periférica do Estado (CICAPE)

A Comisión interministerial de coordinación da Administración periférica do Estado (CICAPE) ten por obxecto a coordinación da actuación da Administración periférica do Estado cos distintos Departamentos ministeriais.

A CICAPE ten as seguintes funcións:

  • Mellorar a coordinación da actuación da Administración periférica do Estado cos Departamentos ministeriais e, no seu caso, cos seus Organismos públicos.
  • Potenciar a comunicación e o intercambio de información entre a Administración periférica do Estado e os Ministerios e os seus Organismos públicos.
  • Propor criterios xerais e liñas básicas de actuación da Administración periférica do Estado nas súas relacións con outras Administracións públicas.
  • Emitir informe, cando se solicite polos órganos competentes, en relación cos proxectos normativos en materia de Administración periférica do Estado.
  • Establecer as canles de información en relación coas actuacións e proxectos a desenvolver polos Departamentos ministeriais e os seus Organismos públicos, no ámbito da Administración periférica do Estado.
  • Cantas funcións sexan necesarias para lograr o obxectivo xeral de coordinación da Administración periférica do Estado.