Javier Losada informa que o Ministerio de Industria mobilizará 15 millóns de € para proxectos industriais en Galicia en 2020

Javier Losada informa que o Ministerio de Industria mobilizará 15 millóns de € para proxectos industriais en Galicia en 2020<br/>

09/10/2020

Son sete proxectos nas catro provincias que resultaron seleccionados nas dúas resolucións aprobadas este ano

O delegado do Goberno destaca o interese da industria galega por sumarse aos obxectivos de reindustrialización do Goberno

Javier Losada adianta que a maioría dos proxectos adxudicados xa están en fase de cobro o que garante que empecen a executarse este mesmo ano


Javier Losada informou hoxe que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo mobilizará 15 millóns de euros en proxectos de modernización de industrias galegas este ano. O Goberno fixo pública esta semana a segunda resolución do ano da convocatoria de axudas do Programa de Apoio ao Investimento Industrial Produtivo, que, xunto á adxudicada no primeiro trimestre deste ano, financiará 7 proxectos en Galicia. Do investimento xerado, o Goberno aportará 10,4 millóns de euros o que garantirá a súa execución.

O delegado do Goberno detallou que resultaron beneficiados tres proxectos con 4,9 M€ en Pontevedra; dous na provincia de Lugo con 2,2 M€ de axudas; dous, en Ourense cun importe de 2,9 M€ e un, na Coruña con 473.669 €. “Destes proxectos, a meirande parte xa se atopan en fase de cobro, polo que se garantiza que este ano, tan complicado, comecen a desenvolverse”, engadiu.

Javier Losada lembrou que “o Programa  Reindus é un bo instrumento de apoio ao sector industrial, especialmente ás pemes, sobre todo nun momento tan delicado como o que estamos a vivir pola pandemia” e puxo en valor a iniciativa da industria galega de sumarse aos obxectivos prioritarios de reindustrializción e de modernización do tecido produtivo que fixou o Goberno”.
 
Por sectores, no caso de Galicia, os investimentos aprobados distribúense entre as industrias da construcción de elementos metálicos, o sector do papel, o sector gráfico e de impresión e a industria alimentaria. As operacións benefician tanto a Pemes como á gran industria.
 
No que respecta ao tipo de actuación subvencionada, o delegado do Goberno destacou que os proxectos abranguen tanto modificacións puntuais na liña de producción dun determinado producto para mellorar a súa competitividade ou aumentar a producción como a implantación dun plan de modernización global da empresa.
 
 PROXECTOS REINDUS
 

                           N.º proxectos       Investimento            Reindus

A CORUÑA                        1          631.559,00€          473.669,00 €

LUGO                                  2        4.033.922,00 €    2.200.000,00 €

OURENSE                          2        3.923.760,00 €     2.942.821,00 €

PONTEVEDRA                 2         6.439.055,00 €     4.829.291,00 €

Total Galicia                       7      15.028.296,00 €     10.445.781,00 €