O Goberno de España impulsa a modernización da Formación Profesional en Galicia con 16,1 millóns de euros para 2021

O Goberno de España impulsa a modernización da Formación Profesional en Galicia con 16,1 millóns de euros para 2021

15/12/2020

O Consello de Ministros deu luz verde á distribución ás Comunidades Autónomas do fondo para o desenvolvemento do Plan de Modernización da FP do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) para 2021

O MEFP impulsou a creación de máis de 60.000 prazas de Formación Profesional para o curso 2020-2021 cunha dotación económica de 121 millóns de euros

O obxectivo do Goberno de España é conseguir una Formación Profesional de calidade e bilingüe


O Goberno de España a través do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP), impulsará a modernización da Formación Profesional en Galicia cunha achega de 16.141.500,14 de euros á Xunta de Galicia para o desenvolvemento das cinco liñas estratéxicas do Plan de Modernización da Formación Profesional. O Consello de Ministros  aprobou hoxe un Real Decreto que dá luz verde á distribución de 262 millóns de euros ás Comunidades Autónomas para o desenvolvemento do Plan ata decembro de 2021.

A distribución territorial destes fondos realízase a través dun Programa de Cooperación Territorial Extraordinario, e de acordo a diversos criterios relacionados coa poboación activa, a dispersión xeográfica, o número de empresas ou o perfil demográfico, entre outros.

Este Programa deseñado polo  MEFP recolle diversas iniciativas relacionadas tanto coa FP do Sistema Educativo como coa FP para o Emprego. Entre elas, destaca a posta en marcha dun sistema de avaliación e acreditación permanente de competencias básicas e profesionais cuxo orzamento ascende a 126,6 millóns de euros. O obxectivo é chegar a ao redor de 500.000 traballadores e traballadoras ata decembro do próximo ano que, a pesar de desempeñar a súa actividade laboral a diario, carecen de acreditación profesional, o que dificulta o seu acceso a mellores empregos e mellores condicións laborais.

O Programa de Cooperación Extraordinario tamén recolle fondos destinados a ampliar a oferta de prazas de Formación Profesional en 60.290 durante o curso 2020-2021. Para iso, o MEFP distribuirá 118,9 millóns de euros entre as Comunidades Autónomas.

Así mesmo, destínanse 11,6 millóns de euros para a conversión de 211 aulas de Formación Profesional en espazos de tecnoloxía aplicada que achegarán ao alumnado os recursos tecnolóxicos ligados coa súa formación.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional tamén asigna este ano outros preto de 2,5 millóns á creación de case 500 aulas de emprendemento, potenciando así os recursos necesarios para que os estudantes poidan crear os seus propios proxectos empresariais facilitándolles unha orientación profesional que lles axude a conseguir os seus obxectivos.

Á quinta liña de actuación, relativa á formación en dixitalización aplicada aos sectores produtivos destinada ao profesorado de FP, asígnanse preto de 2,5 millóns de euros.